Beneficios e riscos da tecnoloxía 5G

    O 5G é a quinta xeración de tecnoloxía celular inalámbrica, con velocidades de carga maiores, e descarga tamén, con conexións máis consistentes e unha capacidade mellorada que as redes 4G ou outras anticuadas.

    Do mesmo xeito que ocorreu con outras moitas melloras tecnolóxicas, o 5G xa está aquí, e farao para quedar, máis aló das guerras tecnolóxicas entre China e Estados Unidos. A implantación desta rede móbil de quinta xeración cambiará a maneira de comunicarnos, multiplicará a capacidade das autoestradas da información, ... Esta quinta xeración de red movil é unha versión mellorada da anterior (4G). A súa eficiencia multiplícase por mil ademáis de que a súa velocidade alcanza os 10Gbs.

    O seu despregamento supón unha auténtica revolución tecnolóxica que permitirá, por exemplo, realizar intervencións cirúrxicas teleasistidas, despregar novas frotas de vehículos autónomos e coordinar os traballos agrícolas través de sensores instalados en distintos puntos dun campo de cultivo.

    O 5G tamén revolucionou no campo da industria, xa que as máquinas conéctanse entre si e coas persoas para facilitar as labores de producción como por exemplo, as tareas máis perigosas para un ser humano na industria a poden levar a cabo máquinas.

    Ademáis da mediciña e da indústria, a tecnoloxía 5G tamén está presente na educación e no ocio, por exemplo, o teletraballo agora podemos estar en contacto cos nosos compañeiros de traballo ou de clase.

    Co exposto, a tecnoloxía 5G nos está esperando á volta da esquina e, ainda que non nos demos conta, xa está comezando a estar presente en algunhas tarefas ou actividades do noso día a día, no traballo, de viaxe, ... Nun abrir e pechar de ollos esqueceremos como era a vida antes da tecnoloxía 5G.

Webgrafía:

I'mnovation-hub

Juniper 

Ferrovial

Comentarios

Entradas populares de este blog

Categorias de bulos, fake news y desinformación

Las fake news

Identidade 2.0