Dorothea Lange (1895 – 1965)

Hoxe vamos falar de tres fotografías dunha fotógrafa estadounidense chamada Dorothea Lange nada o 26 de maio de 1895 e finada o 11 de Outubro de 1965 por un cancer de esófago.

Esta muller estudou fotografía en Nova York e paticipou en numerosos estudios fotográficos pero en 1918 abriu o seu propio e viviu en San Fracisco polo resto da súa vida. Cabe destacar que en 1920 casou con Martín Dixon e tiveron 2 fillos pero 13 anos despois divorciáronse.

As súas 3 fotografías máis famosas son as seguintes: Nai migrante (1936), O camiño hacia o Oeste e Seis arredentarios sen terras. Comezamos coa primeira.

NAI MIGRANTE (1936)

As regras fotográficas que atopamos nesta imaxe son por exemplo, o contraste de cores, xa que emprega o branco e negro para darlle un toque máis impactante do que se quere transmitir, tamén ampregra a regra dos grupos de tres (dous nenos e a nai no medio).


O CAMIÑO HACIA O OESTE


Nesta fotografía podense destacar varias regras fotográficas como o uso de contraste de cores (branco e negro como a imaxen anterior) ou o uso de liñas converxentes para dirixir a atención ata o fondo creando unha sensación de infinidade e de incertidumbre pero tamén combina unha sensación de tranquilidade e estabilidade grazas a que empregou a regla das liñas horizontais (no horizonte se ve unha liña horizontal)


SEIS ARREDENTARIOS SEN TERRAS
 
Nesta última fotografía podemos destacar o uso de liñas horizontais (para crear esa sensación de estabilidade), uso de contraste de cores en blanco e negro (como todas as súas fotografías en xeral) e o uso de elementos repetidos para transmitir compañerismo e unión xa que todos están na mesma situación (estos non só eran agricultores; eran un grupo unido enfrentando coas duras realidades da agricultura)
 
 
Para finalizar agardo que aprendárades moito e vos dárades conta das distintas regras fotográficas que se empregan para crear estas fotografías tan sorpendentes e destacables. Anímovos a facer fotografías utilizando estas regras, seguro que vos sae moi ben!


 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Categorias de bulos, fake news y desinformación

Las fake news

Identidade 2.0