Presentación
Ola, chamome Xoel, teño 15 anos, son un deportista profesional de natación e son o creador deste blog. Este blog, está destinado a uso educativo para as leccións de Tic do instituto, é dicir, para facer as tareas da mesma, pero iso non quere dicir, que non poida relacionar as tareas de Tic coa natación.
Para porvos en contexto a natacion é un deporte que seguramente case todos e todas practicáramos na nosa infancia, cando éramos moi cativos pero que moitos, ao facerse mayores, abandoaron este deporte. Iso, é un error, xa que a natación é o deporte que máis músculos do corpo activa e non ten ningún tipo de impácto (lesións).
Este deporte ten moitísimos beneficios como por exemplo, potencia a saúde mental e emocional, mellora o aparato respiratorio e cardiovascular, diminue a tensión arterial, é un deporte moi completo, ...
Como vedes a natación é un deporte que deberiamos practicar todos, cada un na súa medida pero é importante para a nosa saúde, e incítovos a todos e todas a practicalo.
Comentarios
Publicar un comentario