Opinión sobre se a xente está enganchada ás redes sociais

    Ultimamente, co paso dos anos e a mellora da tecnoloxía nas últimas décadas cada vez, máis e máis xente (en especial os adolescentes) están máis engachados a todo tipo de redes sociais (instagram, facebook, twiter, Tik-Tok, ...). Ademais coa pandemia de 2020 e o confinamento derivado dela fixeron que este uso increméntase aínda máis. Este uso, en moitas ocasións, pode traer consigo diversos problemas. Un deles é a adicción ou uso excesivo destas plataformas.

    O incremento do uso das redes sociais é algo que se volveu problemático nos últimos anos e algúnhas das consecuencias máis frecuentes son: Ansiedad, baixa autoestima, estilos de afrontamento improductivos, problemas de extroversión, ...

    Para solucionar estes problemas e deixar de depender tanto das redes sociais, según o meu punto de vista sería: intentar evitar as redes sociais, establecer un horario límite para revisar as tuas redes sociais, non utilizar nin redes sociais nin movil nin nada dixital 30 minutos antes de ir a durmir, se pode ser desinstala as aplicacións ás que estas enganchado, pasado o teu límite de tempo de uso de redes sociais desactiva as notificacións destas, ...

    Por exemplo, se eu son pai e teño un fillo enganchado ás redes sociais eu seguiría os anteriores consellos como poñerlle un horario límite e non utilizar nin móvil nin redes sociais 30 minutos antes de ir a durmir, ou tamén se ningunhas destas opcións lle axudaran a que desenganche das redes sociais como última opción lle obrigaría a desinstalar esa rede social á que está tan enganchado.

    Para ver se alguén está adicto ás redes sociais, según Raquel Rodríguez Cortés, psicóloga, "Blog de Raquel" a persoa presentaría os seguintes síntomas: Aumento do tempo que se pasa en redes, necesidade de ter uns cuantos "likes" ou "me gusta" para estar felices, necesidade de ter que pasar máis tempo ou facer máis publicacións para obter as mesmas sensacións e illamento social. Tamén poderían aparecer síntomas como inestabilidade emocional, impulsividade, necesidade de ter que ter sempre emocións excitantes ou fortes etc.

    En conclusión, cada vez, este vicio, afecta máis e máis á xente xoven, xa que co paso do tempo os nenos consiguen o teléfono antes, o que se traduce nun rápido vicio nas redes sociais para a maioria dos nenos. Pero todavía estamos a tempo para evitar esta adicción e creo que todas as medidas para acabar con este problema poderán dar coa solución.

Fonte da imaxen

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Categorias de bulos, fake news y desinformación

Las fake news

Identidade 2.0